Antonio Souto Martiñeira pesca o "campanu" en Ximonde

O pescador Antonio Souto Martiñeira, da parroquia estradense de Couso, foi o encargado de capturar o «campanu» do río Ulla na presente temporada. O deportista comezou a práctica ás 8.30 horas de onte no couto de Ximonde, en concreto no posto de Poio da Barca, e en apenas trinta minutos fíxose cun espectacular exemplar. O peixe conta cunhas incribles dimensións de 8,3 quilogramos e 93 centímetros de lonxitude e saíu da auga coa axuda do fillo deste xubilado de 67 anos de idade.

Antonio Souto forma parte dunha importante saga de pescadores estradenses de salmón, xa que cómpre lembrar que o seu irmán é un dos únicos catro deportistas que conseguiu gañar en dúas ocasións o Concurso Internacional de Pesca de Salmón organizado pola sociedade Río Ulla.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies