Tres salmóns, balance da primeira xornada nos coutos da Estrada

A primeira xornada de pesca do salmón nos coutos estradenses celebrada onte, 1 de maio, arroxou tres capturas, dúas delas de exemplares de gran tamaño, e deixou ben ás claras as boas perspectivas da presente campaña anunciadas pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

Ademais do «campanu» de máis de oito quilos a mans do estradense Antonio Souto Martiñeira, o compostelán Manuel Fernández e o padronés José Manuel Boga tamén se fixeron cos seus salmóns. O bombeiro santiagués capturou un exemplar de 5,7 quilogramos e 79 centímetros, mentres que o xubilado de Iria Flavia levouse ao cesto outro de 8,7 quilogramos e 95 centímetros.

A este ritmo, a temporada pecharase antes do previsto no concello estradense, xa que a Xunta fixou para este ano un cupo máximo de 35 exemplares nos tres coutos do río Ulla.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies