O pianista Javier Otero e o lingüista Valentín García, Salmóns de Ouro 2013

O Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), promotor da Festa do Salmón xunto ao Concello da Estrada, deu a coñecer que o pianista Javier Otero Neira e o lingüista Valentín García Gómez, actual secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, serán condecorados este ano co Salmón de Ouro co gallo da cadraséxima edición da cita gastronómica. Os galardóns foron revelados polo presidente do CIT, Luis Reimóndez, xunto a José López Vilariño.

Valentín García, proposto polo Concello, destaca pola súa «vertiente humana e a súa disposición permanente» para axudar a todo o mundo e especialmente en calquer asunto relacionado co municipio estradense.

Pola súa banda, Javier Otero é un dos músicos máis destacados de Galicia pese a súa xuventude e leva o nome do municipio como bandeira a todos os seus concertos. Ademais, é un dos pianistas máis condecorados dos últimos anos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies