Argentinos Burguer gaña o Concurso de Tapas de Salmón co "Potito"

Argentinos Burguer fixo dobrete na segunda edición do Concurso de Tapas de Salmón, xa que gañou coa súa tapa “Potito” e acadou a segunda praza con “Brétemas do Ulla”. En terceiro lugar clasificouse “Crocante de salmón con vinagreta de mel e mostaza”, do Bar Andalucía. Os tres premios, de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, entregaranse esta semana nun acto público xunto con diplomas acreditativos aos 17 locais participantes.

En canto aos premios para o público, o estradense Carlos Loureiro, que completou o percorrido por todos os locais, levou 500 euros en vales para gastar nos establecementos de restauración e hostalaría que colaboraron con esta edición da Festa do Salmón. Ademais, tamén se sortearon os tres segundos premios, de 200 euros cada un, tamén en vales, e recaeron en Ana Arca Abalo, Miguel Ángel Castro Fernández e Javier Barreiro Lorenzo.

O alcalde, José López, acompañado dos concelleiros Juan Constenla, Nemesio Rey e Óscar Durán abríu diante dos medios de comunicación as cualificacións do xurado técnico do concurso de tapas do salmón, conformado polos chefs estradenses Javier Rey, Javier Fins e Federico López, para que se sumaran ao voto popular e se coñeceran os gañadores.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies