Comezan as actividades da Festa do Salmón coa degustación de tapas, o concurso de pesca, música, redes sociais e cociña

A Estrada inicia hoxe venres a programación de actividades da primeira fin de semana da cadraséximo primeira Festa do Salmón, na que terán especial protagonismo as tapas, a pesca, as redes sociais, a cociña e a música. A Ruta de Tapas de Salmón, que costarán un euro cada unha, toma o testemuño do concurso de anos anteriores e constitúe a primeira actividade, repartíndose do seguinte xeito con estas datas e locais:

9 de maio

  • Alameda | Pementos recheos de salmón e gambas
  • Enredo | Changurre de salmón
  • Nicol´s | Delicia Nicol´s
  • Manxares | Salmón manxares

10 de maio

  • Yokohama Gastro | Kinder sorpresa: Ovo recheo de salmón con salsa rosa
  • O Lar | Salmón ao cava
  • O Asador de Leo | Crocante de salmón con vinagreta de melocotón
  • Velis Nolis | Salmón mariñado con aguacate

11 de maio

  • A Cunca | Pétalos de salmón
  • Boliche | Crocante acaramelado de salmón
  • Cervexería Eureka | Salmón ao Ulla
  • Mesón da Estrada | Salmón en salsa de vieira

16 de maio

  • La Bombilla | Mousse de salmón e bacallau
  • Nixon | Nixon
  • O Café de Xulia | Vasiños de salmón, gambas, aguacate e queixo fresco
  • Os Peares | Hamburguesa de salmón a prancha con salsa de modena e piñóns
  • Samaná | Canelóns de salmón afumado recheos de mousse de queixo e noces con salsa agridoce

17 de maio

  • Argentinos Burguer | Causa de Salmón
  • Don Juan | Salmón ao Don Juan
  • Andalucía | Salmón con crema
  • A Vila | Bocados de salmón a crema de mostaza
  • Oasis | Tosta de salmón a laranxa e frutos secos

Xa na xornada de mañá sábado, a actividade trasladarase aos coutos salmoneiros do río Ulla (Couso, Sinde e Ximonde), onde medio cento de deportistas competirán na trixésimo oitava edición do Concurso Internacional de Pesca de Salmón, o máis prestixioso da nosa comunidade e que se decidirá en dúas xornadas de competición.

Paralelamente, durante a xornada do sábado A Estrada acollerá unha xuntanza de bloggers gastronómicos e turísticos, que contribuirán á difusión da festa nas redes sociais utilizando o hashtag #festadosalmon. Unha ducia de autores de referencia das páxinas webs especializadas galegas daranse cita ás 11.00 horas na Porta do Sol para facer o acto de benvida diante da estatua do salmón e, posteriormente, percorrer a Praza de Abastos, degustar todas as tapas da ruta do salmón e pechar a xornada acudindo ao río Ulla para seguir as evolucións do concurso de pesca.

Finalmente, as actividades da primeira fin de semana da festa pecharanse o luns 12 cunha «talk exhibition» de cociña de salmón no Museo do Moble e da Madeira (MOME) a cargo dos chefs estradenses Federico López (A Quinta da Auga), Javier Rey (Alborada) e Javier Fins (Talaso Atlántico). O acto, que comezará ás 18.00 horas e desenvolverase baixo o formato de debate e degustación, é aberto, aínda que está especialmente orientado aos hostaleiros e colectivos de amas de casa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies