Jesús Carbia Pereiras conquista o XXXVIII Concurso Internacional de Pesca do Salmón cun exemplar de 4,047 quilogramos

O estradense Jesús Carbia Pereiras, tamén coñecido como “Louzao de Santeles”, fíxose coa victoria no XXXVIII Concurso Internacional de Pesca do Salmón grazas a un exemplar de 4,047 quilogramos de peso e 71 centímetros de lonxitude capturado na xornada do sábado no couto de Ximonde.

Con esta victoria, Jesús Carbia súmase ao reducido grupo de cinco pescadores que conseguiron gañar este prestixioso certame de pesca en máis dunha ocasión, posto que el xa vencera no ano 1981. Precisamente, o segundo clasificado nesta edición, Salvador Ortega, que tamén capturou o sábado un exemplar de 3,5 quilogramos, é outro dos integrantes dese reducido grupo.

A entrega de premios, que estivo presidida polo alcalde da Estrada, José López, un representante do Servizo de Protección da Natureza e polo presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla, Miguel de la Calle, tivo lugar no restaurante Samaná.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies