A Estrada repartirá 6.600 pinchos de salmón na degustación popular do domingo 18

A XLI Festa do Salmón da Estrada servirá este domingo, 18 de maio, un total de 6.600 pinchos de salmón na degustación popular que se celebrará na carpa instalada na Praza da Constitución. A partires das 12.30 horas, dez establecementos de restauración, panadería e turismo rural ofrecerán 2.200 bandexas con tres pinchos cada unha, ao prezo habitual de 4 euros a bandexa. Asimesmo, na degustación tomará parte o lagar Sidra de Ribela, que venderá botellas desta sidra elaborada na Estrada. A relación de establecementos participantes e dos seus pinchos é a seguinte:

  • Panadería A Fogaza: Empanada de salmón | Empanada de salmón e zamburiñas | Empanada de salmón e gambas
  • Panadería Cervela: Empanada de millo de salmón e zamburiñas | Empanada de trigo de salmón e vieiras | Salmón e piquillos sobre pan de algas
  • Restaurante Don Juan: Salmón ao Don Juan | Lasaña de salmón | Empanadilla de salmón
  • Restaurante La Bombilla: Caña rechea de salmón, queixo e piñóns | Mousse de salmón e bacallau | Salmón en escabeche de cítricos
  • Mar de Compostela: Encurtido de setas e verduriñas con salmón | Pementos de piquillo recheos de risotto de salmón | Pastel de salmón
  • Restaurante Nixon: Pastel de salmón | Salpicón de salmón | Salmón ao Conde de Ximonde
  • O Asador de Leo: Filloas tropicais de salmón | Crocante de salmón | Delicia de salmón
  • Restaurante Os Peares: Croquetas de salmón con algas | Pastel de salmón e xudías | Ensalada de pasta con salmón afumado
  • Restaurante Sala Gradín: Endivia con crema de salmón e froitos vermellos | Salmón ao aroma de mostaza con crocante de cebola | Salmón con mazá acaramelada, redución de módena e mel
  • Restaurante Velis Nolis: Salmón con mango | Salmón con aguacate | Salmón con fresa

Charlas temáticas

Por outra banda, a programación da Festa do Salmón retómase mañá co comezo das charlas temáticas, que terán lugar ás 21.00 horas no Museo do Moble e da Madeira (MOME). Para o xoves 15 está prevista a ponencia sobre turismo fluvial a cargo de Tomás Gil, xerente de El Rincón del Pescador e un gran especialista na organización de rutas e pesca nos famosos coutos troiteros da provincia de León, e de Agustín Albiol, produtor de documentais sobre esta práctica deportiva. Esta conferencia, aberta a todos os públicos, está orientada especialmente ao mundo do turismo rural estradense, ao sector hostaleiro e aos axentes turísticos en xeral.

O venres 16 celebrarase unha charla sobre pesca, tamén aberta, pero pensada sobre todo para os deportistas e tamén para o sector turístico, a cargo de David Arcay, campión do mundo de Pesca de Salmónidos no ano 2012, e de George Chang, xerente de Pescatravel, unha empresa especializada na xestión de viaxes de pesca ao longo de todo o mundo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies