O Concello da Estrada programa unha trintena de actividades no marco da XLII Festa do Salmón

O Concello da Estrada acollerá dende mañá ata o domingo 17 de maio, día principal da XLII Festa do Salmón, máis dunha trintena de actividades pertencentes a ámbitos como o deporte, a cultura, o folclore, a gastronomía, a música e o comercio.

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura “dúas fins de semana consecutivas coa vila ateigada de xente” grazas á cantidade e diversidade de actividades programadas. Ao respecto, salienta que mañá venres comeza a primera xornada da ruta de degustación de tapas de salmón, na que participarán un total de 21 locais repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16. Concretamente, mañá arrancará nos locais 20 Berzas, O 21, O asador de Leo e O candil de Silvia.

Tamén mañá inaugurarase a Feira do Libro, ás 12.00 horas na Alameda Municipal, e a partires das 19.30 horas os comercios da vila acollerán a Noite de Compras organizada pola ACOE e en cuxa difusión colabora o Concello. Pola súa parte, o sábado e o domingo celebraranse o 39ª Concurso Internacional de Pesca do Salmón nos coutos salmoeiros do municipio, a Feira do Corredor, a 47ª Feira de Antigüidades e Artesanía, a 4ª Feira de Labores e o 3º Encontro de Palilleiras.

Nota: Pódese consultar o programa completo no apartado Actividades.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies