Máis de 10.000 persoas ateigan A Estrada na XLIV Festa do Salmón

Máis de 10.000 persoas ateigaron na xornada de hoxe A Estrada, especialmente a contorna do Novo Mercado, a Zona dos Viños e outros lugares céntricos da vila, por mor da XLIV Festa do Salmón, que foi un novo éxito de público e respondeu ás espectativas agardadas polo Concello. Os asistentes remataron cos 5.000 pinchos de salmón, distribuídos en 2.500 bandexas e preparados por unha decena de establecementos. Ademais, o evento gastronómico, declarado de Interese Turístico en 2013, contou coa participación dos lagares Sidra de Ribela e Torres de Moreda. Aparte dos aspectos culinarios, a xornada estivo marcada pola lectura do pregón a cargo do profesor Juan Luis Blanco Valdés e a imposición dos salmóns de ouro ao pregoeiro, á mestra Dolores Araújo e ao empresario de hostalaría Ramiro Abelleiro, neste caso a título póstumo. Polo demais, as actividades musicais e infantís coparon o resto do interese desta exitosa xornada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies