A festa

A Festa do Salmón da Estrada, que se celebra o terceiro domingo de maio, é na actualidade unha das citas gastronómicas máis relevantes desta comunidade autónoma. Dende a celebración da primeira edición o día 2 de xuño de 1974, a Festa do Salmón tense consolidado como un dos principais atractivos turísticos do Concello da Estrada, xunto coa Rapa das Bestas, o Entroido do Ulla ou o Pazo de Oca.

Durante as catro décadas de historia que atesoura, o prestixio desta celebración foi medrando arredor de tres piares: o vencellamento coa natureza, ao potenciar o Concurso Internacional de Pesca do Salmón para pór en valor a riqueza dos coutos salmoneiros do río Ulla ao seu paso pola Estrada (Couso, Sinde, Santeles e Ximonde); a conexión co mundo da cultura, a través das actividades programadas tanto polo concello como polo Centro de Iniciativas e Turismo (CIT); e, en terceiro lugar, o atractivo gastronómico, posto que unha ducia de restaurantes estradenses ofrecen preto de 2.000 prazas para degustar ao denominado “rei do río” preparado seguindo deceas de receitas -tradicionais ou innovadoras-.

Co paso do tempo, a Festa do Salmón foise enriquecendo coa incorporación de diferentes actividades que a día de hoxe convértena nun evento imprescindible no calendario lúdico de Galicia: o Concurso Internacional de Pesca do Salmón, a degustación popular de salmón, as degustacións de tapas de salmón ou as rutas cicloturísticas en bicicleta de montaña, entre outras.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies