Os coutos

Couto de Couso (O Xirimbao)

Couto de Couso (O Xirimbao)

Galicia contaba ata hai poucos anos con nove coutos salmoneiros: A Pontenova, Betanzos, Celeiro, A Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Couso (O Xirimbao), Sinde e Ximonde, pertencendo estes tres últimos ao río Ulla ao seu paso polo Concello da Estrada. Neste termo municipal recentemente habilitáronse dous novos coutos: o de Santeles, entre os municipios da Estrada e Vedra, e o couto de Pontevea, para a pesca sen morte, entre A Estrada e Teo. Deste xeito, A Estrada presenta a maior oferta para a pesca do “rei do río” en toda a comunidade galega con catro coutos.

Couto de Couso (O Xirimbao)

  • Lonxitude: 550 metros
  • Límite superior: Presa de Couso
  • Límite inferior: 100 metros augas abaixo da Pedra de Fernández
  • Concellos: A Estrada e Teo

 

Couto de Sinde

Couto de Sinde

Couto de Sinde

  • Lonxitude: 600 metros
  • Límite superior: Presa de Sinde
  • Límite inferior: Desembocadura do regato de Fontao
  • Concellos: A Estrada e Padrón

 

Couto de Ximonde

  • Lonxitude: 800 metros
  • Límite superior: 200 metros augas abaixo da Presa de Ximonde
  • Límite inferior: Canle de Cubela
  • Concellos: A Estrada e Vedra

 

Couto de Santeles

  • Lonxitude: 1.630 metros
  • Límite superior: Presa de Louzao
  • Límite inferior: Presa do muiño de Arnelas
  • Concellos: A Estrada e Vedra

 

Couto de Pontevea

  • Características: Pesca sen morte
  • Lonxitude: 1.800 metros
  • Límite superior: Desembocadura do río Vea
  • Límite inferior: Ponte vella de Pontevea
  • Concellos: A Estrada e Teo

 

Couto de Ximonde

Couto de Ximonde

Os coutos estradenses do río Ulla deron máis de 8.600 exemplares de salmón dende que existen estatísticas oficiais (ano 1949). Iso si, a cifra foi variando e marcando distintas tendenzas nas diferentes décadas. Os anos cincuenta, sesenta e setenta foron os momentos máis prolíficos, con moitas campañas por riba do cento de capturas ata alcanzar o récord de 543 no ano 1980. A partires desde intre comezou un declive que foi especialmente salientable na década dos anos noventa, contabilizándose ata tres temporadas sen ningún éxito. As distintas políticas de repoboación e a recuperación das augas do Ulla motivaron un novo incremento xa neste século, como se pode apreciar no cadro de evolución cos datos oficiais da Consellería de Medio Ambiente.

Ano

Capturas

Ano

Capturas

Ano

Capturas

Ano

Capturas

1949 51 1965 295 1981 256 1997 1
1950 60 1966 97 1982 104 1998
1951 78 1967 357 1983 105 1999
1952 100 1968 160 1984 180 2000 3
1953 128 1969 435 1985 175 2001 10
1954 443 1970 510 1986 265 2002 20
1955 399 1971 74 1987 56 2003 15
1956 384 1972 291 1988 62 2004 29
1957 283 1973 197 1989 14 2005 25
1958 153 1974 112 1990 13 2006 36
1959 98 1975 189 1991 33 2007 40
1960 114 1976 263 1992 23 2008 50
1961 115 1977 88 1993 2009 30
1962 142 1978 296 1994 4 2010 29
1963 269 1979 24 1995 1 2011 35
1964 261 1980 543 1996 2 2012 18

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mejor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies